-A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60%.
-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, os alumnos deberán superar todas e cada unha das prácticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA/EXTRAORDINARIA
Para superar a materia, só poderán realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente, para o que deberán ter presentadas as prácticas esixidas durante o curso (60% da nota) e superar un exame teórico (40% da nota) cos mesmos criterios que se marcan na avaliación.
A forma de avaliación na convocatoria extraordinaria realizarase do mesmo xeito que a convocatoria de xuño-xullo.
Actuación contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar, vía moodle ou e-mail, co profesor a principio de curso, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais e horas de traballo en aula.