Esta materia vén a complementar o contido doutras materias que están relacionadas directa ou indirectamente con aspectos económicos e de xestión empresarial do deseño.
Como obxectivo principal desta está dotar o alumno daqueles coñecementos necesarios sobre a función da loxística na empresa que lle permita adquirir unha visión integral das políticas e técnicas máis actuais de cara a xestionar os fluxos de información e materiais nesta. Para iso, daranse a coñecer os principios básicos da loxística; as novas estratexias loxísticas que explican a evolución cara a un modelo integrador entre provedores e clientes; a xestión de compras, stocks...
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías