Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Competencias / Resultados do título


Tipo A Código Competencias / Resultados do título - Específicas
  A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
  A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
  A3 Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
  A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
  A5 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española.
  A6 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa.
  A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
  A8 Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira.
  A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
  A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
  A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
  A12 Coñecer os principios teóricos básicos da tradución directa e inversa e ser capaz de poñelos en práctica.
  A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
  A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
  A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
  A16 Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
  A17 Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua española.
  A18 Coñecer a historia e a cultura das comunidades hispanofalantes.
  A19 Dominar a gramática da lingua española.
  A20 Coñecer a situación sociolingüística da lingua española.
  A21 Coñecer a variación lingüística da lingua española.
  A22 Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua española.
  A23 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
Tipo B Código Competencias / Resultados do título - Básicas / Xerais
  B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
  B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
  B3 Adquirir capacidade de autoformación.
  B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
  B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
  B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
  B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
  B8 Apreciar a diversidade.
  B9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  B10 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional.
Tipo C Código Competencias / Resultados do título - Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes