Para superar a materia e necesario acadar un 5 sobre 10 como calificación global.
Primeira oportunidade: a nota final será a suma das puntuacións acadadas en cada unha das actividades (prácticas de laboratorio, casos de estudio, presentación oral, saídas de campo, proba obxectiva). Considerarase non presentado aquel alumnado que realice todas as actividades excepto a proba obxectiva.
Segunda oportunidade: a nota final obterase a partir dunha proba obxetiva que englobará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima de esa proba será de 10.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Evaluarase mediante unha proba obxetiva que englobará os contidos tratados na materia. A puntuación máxima de esta proba será de 10.
A concesión de matrícula de honra outorgarase os alumnos que acaden tal cualificación na primeira oportunidade.
Fraude e plaxio trataránse conforme a normativa vixente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.