A asistencia á clase (incluso de forma virtual se así o determinan as condicións sanitarias) e a realización das actividades (nomeadamente, seminarios e traballo escrito) son condicións sine qua non para superar a asignatura. Perspectiva de Xénero Buscarase desenvolver unha
perspectiva cidadana crítica, aberta e respetuosa coa diversidade
da Sociedade. Todo o alumnado terá os mesmos dereitos e trato. Programa Green Campus Facultade de CienciasPara axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarense/entregarense en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado, cando sexa posible. - Evitarase imprimir borradores. |