Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Calidade nos laboratorios químicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A2 A9 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 Resolución de problemas e casos prácticos, individuais, ou en grupo. Incluese equi tambén avaliación continua mediante preguntas e cuestións e traballo presencial durante o curso. 20
Proba mixta B5 O exame final incluirá tanto elementos de tipo teórico como de tipo práctico (resolución de casos) asociados ás actividades desenvolvidas nas clases expositivas e nos seminarios. 60
Estudo de casos A5 A6 C4 C5 Realización de traballos e informes escritos 10
Presentación oral B5 Exposición oral 10
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final. 

O exame final terá carácter presencial. A data de realización do exame será a quedetermine o centro.

Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”

A cualificación do/a alumno/a consistirá en dúas partes:
- Avaliación continua (40%), que poderá constar á súa vez de:

Resolución de problemas e casos prácticos, individuais, ou en grupo 15%

Realización de traballos e informes escritos 10%

Exposición oral 10%

 Avaliación continua mediante preguntas e cuestións e traballo presencial durante o curso: 5%

- Exame final (60%)

O exame final incluirá tanto elementos de tipo teórico como de tipo práctico (resolución de casos) asociados ás actividades desenvolvidas nas clases expositivas e nos seminarios.
O criterio para a avaliación como "non presentado" é que o/a alumno/a non se presente ao exame final.
Esixirase unha asistencia superior ao 80% do total das clases de carácter obrigatorio (expositivas, seminarios e titorías).

É posible que os escenarios cambien ao longo do curso e que se alternen. Sen embargo, o programa da materia e a estrutura dos contidos e actividades non teñen porque verse modificadas por elo, de maneira que a avaliación descrita é válida para calquera dos tres escenarios que se contemplan como posibles ao longo do curso.

No caso de que se detecte
plaxio, aplicarase a normativa da UDC. Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e
modificar prexuicios e actitudes sexistas así como situacións de discriminación
por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar
valores de respecto e igualdade

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes