-Para superar a materia será necesario:
1) A realización das prácticas de laboratorio.
2) Obter unha calificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e en cada parte da proba mixta. E no caso de non acadar dita puntuación mínimanalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que acualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignadaserá de 4,5).
-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, terán a oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nasprácticas para a cualificación global.
-Os alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 nestes apartados (10 % e 10 %, respectivamente, da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.
- O alumno obterá a cualificación de non presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se presente á proba mixta. Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso, incluidas todas as actividades e procedimentos de avaliación que programense para o devandito curso.
-Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se cubreu na súa totalidade na primeira oportunidade.
No caso de circunstancias excepcionais , obxectivas e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado que se atope nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
Alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
A realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránseexentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a asistencia ao maior número posible de seminarios. De nonpoder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado. Esto aplicarase a ambas oportunidades de exame.
Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria"