As presentacións de clase que se poñen ao dispor do alumnado no Campus
Virtual son unha guía para o estudo dos temas, pero en ningún caso
constitúen o contido total dos mesmos.
Recoméndase encarecidamente utilizar as horas de tutoría para aclarar dúbidas.
Perspectiva de xénero
Tal e como se
recolle nas competencias transversais do título (C4), fomentarase o
desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa
diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do
alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual.
Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das
sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e
cumprir co punto 6 da " Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias
(2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte
informático. b) De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |