Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Economía Mundial e Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A8 C6 C8 Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía mundial e española. Realizaráse en período de exámenes. Esíxese unhaa cualificación igual o superior a 4/10 nela para superar la materia. Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, poderán avaliarse:
- a capacidade de expresión
- capacidades analítica e sintética
- a capacidade de argumentar
- capacidade para elaborar un discurso coherente
- dominio da linguaxe técnica e científica
60
Obradoiro A1 A2 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 C7 Avaliación ó longo do curso. Dentro deste apartado considérase a participación nas clases e as actividades prácticas desenvolvidas e presentadas polo alumnado durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS XERAIS:

Dado que esta materia impártese en duas titulacións e máis
en cursos distintos, o profesor adaptará os seguintes criterios de avaliación aos
seus grupos, sempre informando debidamente ao estudantado.

 

Para superar a materia en calqueira oportunidade requírese
un mínimo de 5 sobre 10.

Na avaliación continua poderíase ter en conta a participación dos estudiantes nas actividades organizadas pola FEE: conferencias, Green Campus.. etc.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado
cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación  final,
independentemente da cualificación obtenida nelas.

 

Condicións de realización do exame final: O alumno terá que acreditarse
personalmente según a normativa vixente. Está prohibido acceder á aula do exame
con calqueira dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento da información.

 

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial, ainda que estén exentos da asistencia, serán avaliados cos mesmos
criterios que os estudantes a tempo completo

 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará a cualificación de suspenso (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na 1º oportunidade como na 2º. Para isto
procederase a modificar a súa cualificación na acta de 1º oportunidade, se fose
necesario.

O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.

 

OBSERVACIÓNS PARTICULARES:

No exame final (proba mixta) da primeira oportunidade é
necesario obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non acadar a cualificación
mínima de 4 puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

 

Na segunda oportunidade tomaráse a mellor cualificación das
duas seguintes opción:

a. O exame suporá o 100% da cualificación final sen ter en
conta a avaliación continua (obradoiros).

b. O exame suporá o 60% da cualificación e o 40% restante
será o que se teña obtido no curso na avaliación continua. No exame, é necesario
obter un mínimo de 4 sobre 10. No caso de non acadar a cualificación mínima de 4
puntos sobre 10, a nota final será a obtida na avaliación continua.

 

Na convocatoria adiantada realizarase un exame que suporá o 100%
da cualificación.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes