Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría
 Asignaturas
  Técnicas Instrumentais
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes a organización, xestión e técnicas instrumentais que, a pesar de non ser estritamente xurídicas, son imprescindibles para o correcto exercicio da avogacía e a procura, complementan o resto das áreas. 1.- Iniciación e organización da actividade. Formas de exercicio e asociación. Obxectivos: coñecer a función social e a normativa reguladora e organización da avogacía e a procura. Coñecer as peculiaridades que presenta o exercicio da avogacía e a procura. Coñecer os distintos ámbitos de exercicio profesional. Coñecer as distintas modalidades de exercicio profesional. Coñecer as diferenzas entre exercicio individual, colectivo, por conta allea. Habilidades: ser capaz de tramitar a incorporación a un colexio profesional. Incorporarse á modalidade de exercicio profesional máis adecuada. Planificar a estructura organizativa do despacho profesional Actitudes: integrarse na organización colexial de maneira activa. Valorar as vantaxes e inconvenientes dos distintos tipos de exercicio profesional. 2.- Organización do despacho. Obxectivos: coñecer as técnicas de organización do despacho profesional. Coñecer o sistema de axenda e control de señalamientos. Coñecer as técnicas adecuadas para a xestión do despacho. Habilidades: organizar eficazmente o tempo. Controlar os señalamientos e prazos mediante o sistema de axenda profesional. Xestionar correctamente un despacho profesional. Planificar a estructura organizativa do despacho profesional tendo en conta os recursos humanos que o integran e o tipo de clientes o que se dirixe. Manexar as técnicas de traballo en equipo co obxetivo de acadar unha mayor eficiencia mediante acceso as fontes de información, coñecemento de idiomas, xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas. Actitudes: adoptar os hábitos de traballo dun abogado e procurador. Adquirir o hábito de organización do traballo tanto individual como en grupo. Valorar o despacho desde unha óptica empresarial. 3.- Responsabilidade civil e penal do abogado e o procurador e o seu aseguramento. Obxectivos: coñecer os supostos nos que se incorre en responsabilidade civil no exercicio profesional. Coñecer a normativa do contrato de prestación de servizos e obrigación de medios. Coñecer os supostos de responsabilidade penal. Coñecer os distintos tipos delituosos nos que se pode incorrer. Coñecer as distintas modalidades de seguro de responsabilidade civil profesional. Coñecer as prestacións mínimas e os complementos voluntarios. Habilidades: ser capaz de valorar as implicacións da actuación profesional nos ámbitos de responsabilidade civil e penal do avogado e o procurador, incluido o funcionamento da asistencia xurídica gratuita e a promoción da responsabilidade social. Valorar convenientemente a subscrición de polizas de responsabilidade civil e os supostos de exclusión. Actitudes: asumir a necesidade de ter cuberta a responsabilidade civil profesional mediante o aseguramiento. Pór o máximo celo profesional para non incorrer en responsabilidade. 4.- Previsión Social. Obxectivos: coñecer as distintas prestacións da mutualidad xeral da avogacía e a procura. Coñecer as prestacións doutras mutualidades e da seguridade social. Coñecer os requisitos de adscrición a cada modalidade. Habilidades: ser capaz de valorar as vantaxes e inconvenientes das distintas modalidades dos sistemas de previsión e seguridade social para o exercicio profesional da avogacia e a procura. Actitudes: asumir a necesidade de prever e ter cubertas as situacións de xubilación, enfermidade, asistencia médica. 5.- Mercadotecnia do despacho profesional. Obxectivos: coñecer as técnicas de valoración de mercado para o exercicio profesional. Coñecer os mecanismos de captación de clientes, trato con eles e fidelización. Coñecer os supostos de publicidade ilícita. Coñecer os mecanismos de información ao cliente. Coñecer os criterios orientadores de honorarios. Coñecer a mecánica da folla de encarga, provisión de fondos e cobro de honorarios. Coñecer os sistema de remunenaración profesional da procuera e xestión económica do procedemento. Habilidades: saber captar, tratar e fidelizar aos clientes. Informar correctamente ao cliente sobre a situación do procedemento encargado. Ser capaz de redactar follas de encarga e minutas. Elaborar un plan de acción para a posta en marcha dun despacho. Ser capaz de aplicar as técnicas de liquidación de dereitos arancelarios, obrigas tributarias, constitución de depósitos xudiciais e gastos e costas para garantir a tutela xudicial efectiva. Actitudes: valorar o despacho desde unha óptica empresarial. Ter unha correcta relación co cliente. 6.- Gestión profesional de las TIC Obxectivos: coñecer o funcionamento das tecnoloxías da comunicación. Coñecer as técnicas necesarias para o dominio de programas informáticos de utilidade no ámbito xurídico. Coñecer o funcionamento das aplicacións informáticas para a xestión do despacho. Dereitos e obrigas profesionáis na utilización das TIC Habilidades: manexar correctamente procesadores de texto. Empregar os recursos profesionais que ofrece internet e o correo electrónico. Utilizar correctamente os buscadores de información na rede. Utilizar bases de datos informatizadas do ámbito de lexislación e xurisprudencia. Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza. Actitudes: comprender a importancia das tecnoloxías da información para o exercicio profesional. Aprender a utilidade dos recursos profesionais que ofrece a informática. Adquirir o hábito deconocer e consultar bases de datos. AP2
AP5
AP6
AP7
AP9
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
CP1
CP3
CP4
CP5
CP6
CP7
CP8
CP9
CP10
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes