As calificacións obtidas durante o cuatrimestre a través
dos traballos (prácticas, simulacións, estudo de casos etc )
teránse en conta só cando o alumno asista ás clases con regularidade,
o que se traduce nunha asistencia mínima do 70% das clases en grupos reducidos. Os que non cumplan
con ese mínimo de presencialidade terán unicamente como cualificación a da
proba de ensaio.
A devandita presencialidade non se terá en conta en
relación aos/ás alumnos/as a tempo parcial que solicitaran e lles fora concedida a dispensa de asistencia á clase (vid. normativa que regula o réxime de estudos a tempo parcial). Estes/as alumnos/as deberán poñerse en contacto para planificar o cronograma dos traballos que se levarán a cabo ao longo do cuadrirmestre.
No caso de que modelo de exame sexa de preguntas curtas,
si non se especifica presumirase que teñen todas o mesmo
valor. A cualificación de cero en duas das preguntas cortas suporá
o suspenso automático da asignatura. En todo caso para superar a materia deberá susperarse a proba escrita o que supón obter como mínimo 3.5 puntos na devandita proba.
No caso
de que o exame sexa de desenvolvemento se publicitará con antelación suficiente antes da súa realización o número de preguntas e o
valor de cada unha delas, de non determinarse presumirase que teñen un valor
idéntico. En todo caso deberá superarse a proba escrita obtendo como mínimo a cualificación de 3.5 puntos.
Como novedade este curso académico na quenda de mañá e nos dobre grao, se implementará: Gamificación voluntaria con repercusión na cualificación final a modo de extra. O alumnado matriculado nesta materia poderá participar voluntariamente
nun entorno de aprendizaxe gamificado obtendo ate un punto extra
da nota. A dinámica do xogo e as distintas fases explicarase o primeiro día de aulas.
O sistema de avaliación non varía na segunda oportunidade.
En caso de plaxio aplicarase a normativa académica da UDC.