Sesión maxistral |
Sesións de exposición oral por parte do profesor ou profesora, que se esforzarán en transmitir contidos relevantes, aclarando dúbidas xurdidas. É a parte máis importante na transmisión de coñecementos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Uso de ferramentas de documentación e debate para solucionar problemas e atopar resultados en común |
Obradoiro |
Traballo na aula nas actividades diversas que se indican na “Planificación”, conducentes á realización de creacións ou comentarios de texto. O primeiro día de clase, os docentes indicarán, en cada caso, se van encargar a realización dun “videopoema” ou se van pedir a elaboración dun traballo de comentario dun libro (neste segundo caso, nas “Fontes documentais” da guía docente figuran, tras a bibliografía, unha serie de títulos a modo de exemplo, dos que se fará unha selección para que o alumnado poida escoller).
Tamén se comunicarán o primeiro día do curso as orientacións para facer a práctica do obradorio e as datas para a súa entrega.
|
Recensión bilbiográfica |
Práctica de recensión, seguindo as pautas dadas polos docentes
|
Proba mixta |
Trátase dunha proba escrita que poderá constar tanto de respostas de certa extensión, ben argumentadas, ou de respostas breves e de tipo test. Na primeira convocatoria referirase á parte teórica da materia. Na segunda convocatoria, incluirá tamén exercicios prácticos para os que non superen as prácticas de aula. |