Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Fonética e Fonoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A11 A15 B2 B6 B7 C1 Exame de contidos teóricos e de aspectos prácticos na data oficialmente establecida pola facultade. 50
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A15 B2 B9 C3 C6 C8 Avaliaranse algunhas das prácticas de análise de espectrogramas e de uso de aplicacións informáticas de análise de son que se realizarán nas sesións interactivas. 30
Obradoiro A1 A3 A15 A21 B1 B2 B5 C6 Serán avaliadas algunhas das prácticas de transcrición fonética e fonolóxica que se realizarán nas sesións interactivas 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será cualificado/a como «non presentado» quen non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

As actividades que o permitan deberán ser entregadas a través do Campus
Virtual. O/a estudante comprométese a gardar unha copia dos materiais de cada actividade, en previsión de problemas na recepción. Só se aceptarán as
actividades realizadas nas aulas e que se entreguen dentro do prazo
establecido.

As actividades e o exame deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

Calquera falta de honradez académica
(plaxio, entrega de material non elaborado polo/a estudante, copia etc.)
dará lugar á aplicación do estipulado nas «Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario» e no «Regulamento disciplinar do estudantado da
Universidade da Coruña». O/a estudante será cualificado/a con «suspenso»
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. As actividades poderán ser sometidas a unha revisión mediante
aplicacións informáticas de detección de plaxio ou de uso de intelixencia artificial. Estas
aplicacións poden recoñecer traballos presentados polo/a estudante
noutras materias.

Na segunda edición de actas (segunda oportunidade)
poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación coa mesma
ponderación que na primeira edición. As actividades de prácticas de laboratorio serán substituídas por actividades que se publicarán no Campus Virtual da UDC que se entregarán na data establecida para o exame oficial. As actividades do obradoiro serán substituídas por unha proba que se realizará na data oficial do exame da segunda oportunidade. Só se cualificará como non presentado quen xa
tivese esta cualificación na primeira edición de actas e, ademais, non
se presente ao exame oficial da segunda oportunidade.

Na convocatoria adiantada empregaranse os mesmos instrumentos de avaliación coa mesma ponderación. As actividades de prácticas de laboratorio serán substituídas por
actividades que se publicarán no Campus Virtual da UDC que se entregarán
na data establecida para o exame da convocatoria adiantada. As actividades do obradoiro
serán substituídas por unha proba que se realizará na data establecida para o exame desta convocatoria. O alumnado que se acolla a esta convocatoria debe contactar co profesorado responsable da materia con antelación suficiente.

Estudantes con dispensa académica recoñecida: Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas de entrega (agás o exame oficial). Deberán contactar co docente da materia ao comezo do curso.

Estudantes erasmus ou de intercambio: Recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou superior.

Alumnado con necesidades especiais. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva etc.) consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos oficiais establecidos antes do comezo do cuadrimestre. Pódese contar co asesoramento da titora de atención á diversidade da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes