Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española do Século de Ouro 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A9 A10 A11 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C6 A asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións interactivas de aprendizaxe colaborativa e obradoiro será controlada e avaliada de xeito continuado. A avaliación consistirá na realización de dous comentarios literarios de textos prosísticos por valor de 20% cada un (20% + 20%), sumando estes dous exercicios o 40% do total das probas avaliables. As probas terán lugar en horario lectivo nas datas que se indicarán no cronograma da materia.

40
Proba mixta A1 A9 A11 A17 C1 C6 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
60
 
Observacións avaliación

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 en la prueba mixta.

MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado
sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON
PRESENTADO" cando non se presente ao exame.

Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que
suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo
Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán
as seguintes probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán
de acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.

Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá
nunha proba mixta por valor do 100%.

Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos
exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na
convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11,
apartado 4b). O control farase mediante o programa de detección de plaxios
Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise
da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes