Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A11 A14 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C6 C7 Por asistencia e participación nas aulas poderase obter un 10% (un punto). No caso de asistir a menos de 10 sesións completas, o estudante obterá un 0.0 neste apartado. O/a estudante deberá entregar ao profesor/a unhas preguntas antes de cada sesión presencial sobre os materiais que se vaian tratar nela seguindo as indicacións do profesor: teranse en conta para a avaliación no apartado de "Asistencia e participación".
A porcentaxe atribuída é orientativa, non real, por esixencias da aplicación (véxanse as Observacións máis abaixo).
10
Recensión bilbiográfica A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 O/a estudante poderá ter que realizar algún(s) informe(s) de lectura ou recensión(s) bibliográfica(s). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas e pola vía establecidas.
A porcentaxe atribuída é orientativa, non real, por esixencias da aplicación (véxanse as Observacións máis abaixo).
15
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos... Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación" (10%); ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) poderán avaliarse especificamente no apartado de actividades realizadas (ata un 60%).
A porcentaxe atribuída é orientativa, non real, por esixencias da aplicación (véxanse as "Observacións" máis abaixo).
44
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 O/a estudante deberá realizar un ou dous traballos académicos individuais. O tema será determinado polo profesor/a, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. Ademais, se as circunstancias o permiten, deberá expoñelo/s e defendelo/s. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 Só se realizará esta proba en casos moi específicos en que as circunstancias o aconsellen. Cando se utilice, terá na cualificación final o peso porcentual que non puido obterse doutra forma.
A porcentaxe atribuída é orientativa, non real, por esixencias da aplicación (véxanse as Observacións máis abaixo).
1
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño 2024) responderá á seguinte distribución porcentual:

1.1. Un 60% responderá a diversas actividades realizadas dentro e fóra da aula, grupais e/ou individuais, no marco dos obradoiros. Este apartado comprenderá 3-4 tarefas, que entregarán no momento, lugar e formato que se indiquen.

1.2. Un 30% responderá ao traballo titorizado que o/a estudante realizará sobre un tema determinado polo profesor, incluíndo a súa posible exposición e defensa, así como os materiais desenvolvidos para a transmisión dos contidos aos restantes participantes no curso.

1.3. Un 10% responderá á asistencia, participación e desempeño do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

1.4.a. Quen teña unha dispensa académica oficial (DAO) realizará as mesmas actividades e traballos que o resto dos/das estudantes,excepto aquelas que requiran presencialidade na aula; estas últimas substituiranse por outras tarefas. No caso do traballo titorizado, a súa posible exposición na aula substituirase por unha gravación da mesma en Teams. Só en casos moi específicos e xustificados se considerarán outras solucións. A súa cualificación final responderá á seguinte distribución porcentual: un 35% polo traballo titorizado, e un 65% polas restantes actividades avaliables.

1.4.b. Quen curse a materia por segunda ou máis veces poderá optar polo sistema ordinario de avaliación ou polo do alumnado con dispensa académica oficial.

1.5. Recibirá a cualificación final de Non Presentado (N.P.) quen entregue menos da metade das tarefas do apartado 1.1 (ou, de ser o caso, non realizara a proba mixta) e non realice o traballo titorizado (ou, de ser o caso, a proba mixta).

1.6. Os traballos, actividades ou informes/recensións nos que se detecte copia total ou parcial cualificaranse con cero puntos, e mesmo poderán supoñer o suspenso global na materia. Os entregados fóra de prazo sufrirán unha redución considerable na cualificación ou mesmo se computarán só na 2.ª oportunidade de xullo.

1.7. A materia poderá ser adaptada ao alumnado que precise da adopción de
medidas de apoio á diversidade, consonte ás indicacións da Unidade de
Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). En todo caso, quen solicitou que se lle recoñeza a
condición de estudante con adaptación e aínda non se lle comunicou a decisión,
debe informar ao coordinador da materia (manuel.fernandez.ferreiro@udc.gal).

1.8. Superará a materia quen obteña unha cualificación mínima global de 5.00, sempre que realizara o traballo titorizado e entregara polo menos a metade das outras actividades avaliables encomendadas.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2024)

2.1. O reparto porcentual será idéntico ao da 1.ª oportunidade, e conservaranse as cualificacións obtidas nela. Os/as estudantes deberán realizar as actividades, informes/recensións e traballos encargados (ou os que os substitúan) que non realizaran ou superaran no seu momento.

2.2. Quen debera realizar a proba mixta e non a superara, deberá facelo na data de xullo establecida polo centro.

2.3. A quen recibira unha cualificación inferior a 5.00 no apartado de “Asistencia, participación e desempeño”, aplicaráselle a mesma distribución porcentual na cualificación final que aos estudantes con DAO.

3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2023)

3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a documentación pertinente na web da UDC.

3.2. Realizarase a avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación. Recoméndase que o/a estudante contacte o antes posible co profesor se desexa presentarse a esta oportunidade.

4. A fraude académica é absolutamente inaceptable. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e
anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que
desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopárense coincidencias que
exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación: desde a minoración
da cualificación ou o suspenso no traballo específico, ata a cualificación global de
suspenso na materia. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude
académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes
casos: véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).


Lémbrase que o mesmo Regulamento prohibe
a gravación, uso e distribución indebidos dos materiais utilizados nas materias:
non se poderán gravar ou distribuír por medio algún os materiais escritos e audiovisuais
utilizados na materia, con propósitos alleos aos propios dela.


A expresión escrita e a oral serán sempre axeitadas. A falta de corrección
ortográfica, de estilo e/ou de adecuación expositiva reflectirase negativamente
nas cualificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes