Recoméndase un bo manexo do inglés posto que se penalizarán os erros gramaticais, orde de palabras non inglesa e falta de concordancia.
- Medidas de apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se
deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén
co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).
- Medidas de apoio á igualdade
Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón
de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |