Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio ou outras actividades, como a presentación oral baseada nas lecturas, e exercicios solicitados sobre os profesores sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%), segundo a decisión do profesor, e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño e xullo os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado". Requírese unha nota de 4 como mínimo en cada unha das partes do examen para proceder á suma final.
IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.Os ensaios, traballos ou actividades, no seu caso, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
É sempre aconsellable utilizar materiais sostibles e papel procedente do reciclaxe.
O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.
Os alumnos que non se presenten ao exame escrito, en xullo ou xuño, recibirán a cualificación de NON PRESENTADO.
Máis sobre os plaxios
Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.
Calquera caso
de plaxio ou fraude académico significará un suspenso
(0) na materia, tal e como
aparece recollido no "Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC": "Cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta e respecto da materia en que
se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade, se fose necesario".
Diversidade:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.