Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Test de Intrusión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 2: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 3: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 4: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 5: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 6: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
Proba de resposta múltiple B26 Esta proba inclúe os contidos e, en xeral, todo aspecto relacionado cos obxectivos da materia. Nela exponse diversas cuestións relacionadas tanto cos contidos das sesións maxistrais como das prácticas de laboratorio, dándolle un maior peso ás primeiras. É necesario obter unha nota promedio superior a 4 para facer media. 40
Prácticas de laboratorio C11 C13 C14 Practica 1: Cada alumno de prácticas de laboratorio deberá realizar unha proba de penetración sobre unha máquina virtual preconfigurada polo profesorado. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. O alumno deberá presentar un documento que acredite tódolos pasos realizados para o desempeño da práctica.
10
 
Observacións avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofertarase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. Cando finalice o primeiro mes do curso, o estudantado deberán indicar ao profesorado da materia o sistema de avaliación elixido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión.

Sistema de avaliación continua

O estudantado que opte polo sistema de avaliación continua deberán:

-Realizar seis prácticas de laboratorio de probas de penetración. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. Estas probas suporán un 60 % da cualificación global da materia, un 10% cada unha delas.

-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.

A cualificación global da materia será igual á suma das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.

Sistema de avaliación global

O estudantado que opte polo sistema de avaliación ao final do cuadrimestre deberán:

-Realizar unha proba de penetración dada nun tempo definido polos docentes. Esta proba suporá un 60 % da cualificación global da materia.

-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.

A cualificación global da materia será igual á suma das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.

OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA

Á avaliación en oportunidade extraordinaria só poderán presentarse aqueles estudantes que non se presentaron ou que suspenderon a materia na oportunidade ordinaria.

A avaliación consistirá en realizar unha ou dúas das seguintes tarefas, dependendo da cualificación obtida previamente nas probas equivalentes da oportunidade ordinaria:

-Realizar unha proba de penetración dada nun tempo definido polos docentes. Esta proba suporá un 60 % da cualificación global da materia.

-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.

No caso de que a cualificación nas probas da oportunidade ordinaria, equivalentes a estas, sexa maior ou igual que cinco, o alumno pode optar por manter a súa nota da oportunidade ordinaria ou realizar a proba de novo.

OUTROS COMENTARIOS

-As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

-O uso de calquera material durante a realización dos exames e probas de avaliación terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado da materia.

-En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes