Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 B28 C11 C13 C14 Propoñeranse varias prácticas o longo do curso, relacionadas coa análise forense de equipos, nas que o/a alumno/a traballará con distintas ferramentas e deberá realizar procesos de clonado, de recuperación de información, redacción de informes, etc. No enunciado de cada práctica especificarase a data límite para a realización da mesma, así como a metodoloxía de avaliación, que pode ser a través da entrega dunha memoria, da realización dunha proba en ordenador, ou mediante ambas. 40
Proba obxectiva A32 B28 C14 Exame final, tipo test ou de respostas curtas, mediante o que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno, tanto nas sesións de teoría coma nas sesións prácticas. 40
Proba práctica A32 B28 C14 Ao remate da realización das prácticas de laboratorio, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar as competencias adquiridas, resolvendo unha serie de exercicios prácticos e respondendo a unha serie de preguntas. 10
Traballos tutelados A32 B28 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convir entre o alumno e o coordinador da materia. 10
 
Observacións avaliación

Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para aprobar a materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota na proba obxectiva. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.

A nota da proba obxectiva NON se conserva en ningunha convocatoria. O resto de notas consérvanse para o resto de oportunidades do curso académico.

1. CONVOCATORIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA

Ao longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, unha proba práctica e unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior. Adicionalmente, o alumnado pode realizar un traballo tutelado.

2. RESTO DE CONVOCATORIAS

Realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior.

A nota de prácticas de laboratorio poderá recuperarse mediante a realización das prácticas que se determinen para esta convocatoria. A presentación das prácticas nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

A nota da proba práctica poderá recuperarse mediante a realización dunha nova proba práctica. A presentación á proba práctica nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

A nota do traballo tutelado poderá recuperarse mediante realización dun novo traballo, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia. A presentación do traballo tutelado nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

Caso de querer recuperar a nota dalgunha parte nesta convocatoria, o alumnado deberá contactar co coordinador da materia, cunha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame da correspondente convocatoria.

3. PLAXIO

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas.

4. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"

Considerarase como "non presentado" ao alumnado que non se presente a ningunha das actividades avaliables nunha convocatoria dada.

5. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA

Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes