Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Seguridade en Centros de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A33 C7 C10 C15 Sesións prácticas en computador asociadas a escenarios de virtualización, monitorización e fortificación/seguridade. O obxetivo é poñer en práctica os coñecementos das sesións maxistrais fomentando a aprendizaxe autónoma.. A avaliación será contínua perante as sesións. NOTA: Será posible utilizar algunha das sesións presenciais para realizar algún taller dunha entidade colaboradora. 40
Traballos tutelados A33 C7 C10 C15 Traballo a desenvolver polo alumno sobre algunha das temáticas da materia a proposta do propio estudante ou do profesor. Este traballo terá seguimento por parte do profesorado e o estudante fará unha breve defensa presencial do mesmo. 20
Proba obxectiva A33 B29 C7 C10 C15 Proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Aínda que se centrará no material da docencia expositiva, poderá incorporar algunhas cuestións relacionadas coas sesións prácticas. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter un mínimo de 4 sobre 10 tanto na proba obxectiva como no traballo práctico. En caso contrario, a nota máxima que se poderá acadar será de 4,5. A nota obtida na avaliación continua de prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservarase ao longo do curso académico. 

MODO DE TRABALLO

Tanto as prácticas de laboratorio como os traballos titorizados realizaranse en grupo, os tamaños dos grupos serán impostos polo profesorado mentres que os membros do mesmo serán de libre elección. 

DATAS DE ENTREGA: 

i) Prácticas de laboratorio: as memorias das prácticas de laboratorio entregaranse na plataforma virtual de docencia antes do remate do período lectivo e con tempo suficiente para ser avaliadas polo profesorado antes do inicio do período de exames. O número de entregas proporase a través da plataforma virtual de docencia.

ii) Traballos tutelados: deberán entregarse antes da última sesión práctica, que servirá para realizar as súas exposicións. A data definitiva de entrega proporase a través da plataforma virtual de docencia. 

ESTUDANTADO QUE NON PARTICIPOU NA AVALIACIÓN CONTINUA DE PRÁCTICAS E TRABALLOS TITORIZADOS:

i) Cando o alumno compareza na primeira convocatoria de oportunidade, a súa cualificación será de 0 en ambas as metodoloxías. 

ii) Cando o alumno/a concorra á convocatoria de segunda oportunidade ou convocatoria extraordinaria, sen participar no proceso de avaliación continua, mediante estas metodoloxías, poderá realizar as prácticas de forma individualizada co material dispoñible, na plataforma virtual docente. solicitando titorías cos profesores da materia. 

ESTUDANTADO QUE NON PARTICIPA NA PROBA OBXECTIVO DE PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Participa ou non no proceso de avaliación continua de prácticas e traballos titorizados, a súa cualificación será "Non Presentado". 

PLAXIO: No caso de detectar plaxio en calquera proba ou material entregado, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes