Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Ciberseguridade Intelixente
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 Avaliación de traballos prácticos (E2) 40
Proba obxectiva A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 Exame final (E1) 20
Solución de problemas A5 A9 A20 A21 A22 A23 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C9 Avaliación de traballos tutelados (E3) 40
 
Observacións avaliación
Para superar (e liberar) tanto os traballos prácticos coma os traballos tutelados requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para estes elementos de avaliación. Non hai mínimo esixido para a proba obxectiva.
Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (nos traballos prácticos e tutelados) e sumar na nota final ponderada un mínimo de 5 puntos sobre 10.
No caso de non obter o mínimo esixido para superar algunha das partes (traballos prácticos e /ou tutelados), o alumnado terá unha segunda oportunidade na que so entregará os elementos non superados.
No caso de superar parte dos elementos avaliados, pero non acadar o mínimo preciso para aprobar a materia completa, a cualificación a incluír nas respectivas actas calcularase como o mínimo entre a media ponderada das partes superadas e 4.9.
Terá a condición de “Presentado” quen entregue todas as prácticas e traballos obrigatorios ou se presente á proba obxectiva no período oficial de avaliación.
As entregas das prácticas e traballos deben realizarse dentro do prazo establecido, e seguirán as especificacións indicadas no enunciado tanto para a presentación como para a defensa.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.

A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola UVigo e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes