Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Proxectos de Desenvolvemento Software
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A26 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C4 C6 Valorarase a adecuación metodolóxica, a claridade e xustificación da proposta así como a profundidade do contido e a participación activa na súa realización. 40
Proba obxectiva A25 A26 B1 B3 B4 C1 C2 C6 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame individual 40
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B8 B9 C1 Exercicios propostos ao longo do curso polo profesorado a resolver polo alumnado 20
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que o alumnado posúe as competencias fundamentais necesarias. A nota final consta de tres partes:

- Exame final: 40%

- Práctica sobre o obxectivo do curso: 40%

- Traballos tutelados: 20%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global minima de 5 puntos sobre 10 e ter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame final.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño, salvo para os traballos tutelados. Dado o carácter de avaliación continua dos mesmos, esta parte non poderá recuperarse.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes