Álxebra Lineal é unha asignatura cuadrimestral que se imparte no primeiro cuadrimestre do primeiro curso da titulación Grao en Ciencias e Enxeñería de Datos. Pertence ó módulo de Formación Básica. Nela débense adquirir hábitos relacionados coa capacidade de abastracción e rigor necesarios para un profesional no ámbito do coñecemento da análisis e xestión de datos. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenrolo doutras materias máis específicas da titulación, tales como, por exemplo, Deseño e Análise de Algoritmos, Procesamento da Imaxe, Vídeo e Audio, Modelado de Bases de Datos, Aprendizaxe Automático, etc.
O carácter dos estudos e as necesidades de formación dos estudiantes do Grao en Ciencias e Enxeñería de Datos aconsella un enfoque computacional da Álxebra Lineal, por esta razón ponse unha especial énfase nos conceptos de Álxebra empregados na teoría de matrices, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.