Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Fundamentos de Aprendizaxe Automática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A2 B3 B7 C3 Desenvolvemento dun sistema de Aprendizaxe Automático baseado nas explicacións feitas en teoría. 25
Traballos tutelados A1 A2 A15 B3 B7 B10 Redacción das memorias relativas á resolución dun problema real realizados nas prácticas de laboratorio. A redacción das memorias incluirá a realización dunha revisión bibliográfica dos traballos máis importantes relacionados, escritos na súa inmensa maioría en inglés, documentación sobre o problema a resolver, metodoloxía utilizada, e comparación dos resultados atopados na aplicación das distintas técnicas, así como unha valoración crítica tanto dos resultados obtidos como da información utilizada. 25
Proba obxectiva A1 A12 B5 B7 B10 Preguntas de tipo test sobre os contenidos da asignatura, baseada nas distintas técnicas de aprendizaxe computacional e as súas sus aplicacións. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, deberase obter unha calificaciónmínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificaciòns da proba obxectiva, as prácticas de laboratorio e os traballos tutelados. Ademáis, deberase obter unha nota mínima de 2 sobre 5 puntos na proba obxectiva. Senon obtén esta nota mínima, a nota da materia será a correspondente á nota daproba obxectiva.

Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nas prácticas de laboratorio, e traballos tutelados, non podendo volver a obter nota xa que resulta da evaluación continua do traballo durante os créditos de práctica da materia. Poderase voltar a facer o exame da proba obxectiva, sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste apartado.

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial deberán entregar os traballos en data igual que os de tiempo completo, e asistir a os TGR nos que se correxirán os mesmos. De igual manera, é recomendable a súa asistencia ás clases deprácticas.

Non presentado:

O/A estudante recibirá a cualificación de "non presentado" cando non realice o exame final.

Realización fraudulenta de exercicios ou probas:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes