Guía DocenteCurso Facultade de Turismo |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións | Código | 615524113 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Facilitaranse como máximo aos alumnos/as da modalidade presencial dous textos ou lecturas como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno/a e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán. As lecturas deberán ser desenvolvidas e debatidas por todolos estudantes ao longo das sesións maxistrais. |
Traballos tutelados | Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno/a deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán de crearse entre dous e cinco grupos de traballo, ainda que o número de grupos definitivo dependerá dos estudantes matriculados na materia. Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento da labor levada a cabo polos diferentes grupos. Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas. |
Presentación oral | Os diferentes membros do grupo deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final. |
Aprendizaxe servizo | Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna coa fin de melloralo. Plantexarase aos alumnos/as matriculados/as a materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora. O alumno/a poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. |
Sesión maxistral | Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe. Todos os estudantes terán acceso a este material a través das plataformas campus virtual ou Teams. A asistencia a clase para os estudantes da modalidade presencial será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final. Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos. |
|