Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 Tal e como se comentou no apartado de planificación a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" SON EXCLUINTES, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final. 30
Sesión maxistral A1 A11 A3 A8 A9 B1 Asistencia e participación obrigatoria que se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais.

10
Traballos tutelados A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do traballo representará o 60% da nota final.
Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Orixinalidade
2) Aplicación de fundamentos teóricos
3) Calidade da redacción
4) Utilización de fontes bibliográficas
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.

A entrega do traballo tutelado será na terceira semana do mes de abril.

A revisión das cualificacións efectuarase durante a cuarta semana de maio.
30
Presentación oral B2 B4 B10 C2 C6 C8 C9 O grupo deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios
audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance.
É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro formato similar.
A presentación suporá o 30% da nota final da materia onde de forma individualizada valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos:
1) Calidade da presentación
2) Precisión e claridade da exposición e das respostas.

Todos os/as integrantes do grupo deberán expoñer unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será asignada de forma individualizada a cada estudante.
Para superar a materia, cómpre acadar unha puntuación mínima do 50% na presentación. Se non se supera esta parte, non se fará media coa cualificación alcanzada no traballo tutelado.
30
 
Observacións avaliación

Nota:

APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLOS TUTELADOS (60%): Tal e como se comentou no apartado de planificación, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final.

En relación ao ApS, esta proba está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto de aprendizaxe-servizo e tampouco se pode ofrecer a todos os estudantes. . No caso de que o ApS non se poida realizar todos os estudantes realizarán un traballo tutelado

A asistencia e participación é obrigatoria e valorarase tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais.

A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a cuarta semana do mes de maio.

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade de Xullo. De modo que o alumno/a deberá entregar o traballo correspondente. A entrega de traballos na segunda oportunidade realizaranse na segunda semana do mes de xullo e a revisión das cualificacións farase na terceira semana do mes de xullo.

No caso de alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación, pero terá a mesma obligación de realizar actividades e de acudir a calquer  tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

"A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes