Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Políticas Culturais e Xestión Patrimonial
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura e análise por parte do alumnado do conxunto de textos e documentación fundamental que se sinalan como bibliografía básica e fonte para afondar nos contidos traballados.
Presentación oral Exposición oral a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Sesións expositivas complementadas con material auodiovisual que serán abertas e participativas e están deseñadas para explicar, desenvolver e comentar os contidos teóricos que presentan maior dificultade para comprender, incidir nos aspectos básicos e máis relevantes, actualizar convenientemente os contidos, aclarar dúbidas e complementar a información que os estudantes obteñen directamente das lecturas recomendadas.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes