Sesión maxistral |
O profesorado introducirá os diferentes contidos da materia en sesións maxistrais cuxo contido se porá a disposición do alumnado online na aula Virtual da materia. Estas motivarán a participación e o debate do estudantado (discusión dirixida), que se realizará a través dos foros virtuais habilitados para iso.
Os documentos de apoio (textuais, audiovisuais, etc.), xunto coas presentacións utilizadas, estarán dispoñibles na plataforma virtual.
Tamén poderán de facer uso das titorías para aclaracións sobre os contidos abordados nas sesións maxistrais.
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación con metodoloxía cualitativa e a aplicación das diferentes técnicas, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.
Para o alumnado online, estas actividades adaptaranse para a súa realización e seguimento a distancia a través das ferramentas habilitadas para iso na aula Virtual.
|