Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
 Asignaturas
  Procesos e Deseños da Investigación Social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.

Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
60
Obradoiro A5 A11 A12 A16 A20 A23 Os obradoiros consisten na realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) seguindo o calendario marcado polas profesoras.
30
Presentación oral A11 A16 A19 A23 O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado online ten o mesmo sistema de avaliación que o alumnado en modalidade presencial, pero cunhas instrucións específicas para o desenvolvemento do traballo tutelado que terán que realizar de maneira individual. 

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación (traballo tutelado e exposición oral) serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

 O uso indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na cualificación final e o plaxio no suspenso da materia

 A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes