Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Big Data para as Ciencias Sociais
   Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 C1. Coñecer ao detalle os principais avances teóricos e prácticos en materia e técnicas de investigación cualitativa e cuantitativa e a súa aplicación - crítica, reflexiva e contextual - para comprender, definir e explicar fenómenos de alta complexidade e incerteza asociados aos retos sociais, económicos e políticos actuais.
A6 C6. Manexar os fundamentos teóricos e científicos necesarios para levar a cabo unha investigación social de tipo cuantitativo e cualitativo empregando ferramentas tecnolóxicas avanzadas (R).
A7 C7. Recoñecer as distintas opcións de presentación e visualización de resultados de investigación e a súa fundamentación metodolóxica para transmitir de forma clara os resultados da investigación aos distintos públicos.
A8 C8. Coñecer os modos e potencialidades de uso de datos masivos e de minería de datos no contexto das ciencias sociais.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A14 H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización.
A15 H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A17 H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
A27 CP8. Deseñar e executar un proxecto de investigación baseado no uso de Big Data con propósitos científicos, realizando achegas orixinais ao campo de estudo.
A28 CP9. Obter, xestionar e analizar bases de datos masivos empregando as ferramentas informáticas e linguaxes de programación necesarios para iso, especialmente a linguaxe avanzada R.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes