Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía, técnica e estratexias para o deseño e elaboración de proxectos e traballos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 A26 B1 B3 B4 B5 B13 B17 B18 B21 C3 C6 C7 C8 Elaboración titorizada das dúas prácticas obrigatorias que se presentan para superar a materia. 90
Presentación oral A13 A20 A26 A32 A34 A35 B6 C1 Cada alumno/a, se é posible, terá que presentar algunha das prácticas propostas ante os demais. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia sustentarase
na realización e avaliación, se as circunstancia o permiten, de dúas prácticas de carácter obrigatorio:

•1ª práctica (valor máximo de 5
puntos sobre a nota final): consistirá na confección razoada e xustificada da
estrutura dun posible traballo fin de grao.

•2ª práctica (valor máximo de 5
puntos sobre a nota final): consistirá, principalmente, na redacción dun guión borrador inicial do marco teórico dun
hipotético traballo fin de grao.

Establecerase, ao longo do primeiro
cuadrimestre, unha única data de entrega presencial para cada práctica obrigatoria.
En caso de non alcanzar os 5 puntos, ou non ter presentado as prácticas obrigatorias
durante o transcurso do primeiro cuadrimestre, o/a alumno/a poderá entregalas
novamente nas datas oficiais fixadas polo centro (convocatorias de primeira oportunidade e segunda oportunidade).

O alumnado que non entregara en tempo
e forma unha das dúas prácticas obrigatorias, obtería unha cualificación final
de non presentado.

O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial
ou dispensa académica de exención de asistencia, terá que presentar as dúas
prácticas obrigatorias nas datas oficiais fixadas polo centro
(convocatorias de xaneiro e xullo).  

A
realización de plaxio implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa. Con outras palabras, o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes