OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:
Opción 1.-
Alumnos con dedicación completa
a) Elaboración e presentación dos traballos prácticos 60%
b) Exame escrito sobre os contidos da materia 40%
Opción 2.-
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña”. Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017.
a) Elaboración e presentación dos traballos prácticos 60%
b) Exame escrito sobre os contidos da materia 40%
OBSERVACIÓNS ADICIONAIS
1.- Para aprobar a materia é necesario superar tanto o exame escrito como cada unha das probas prácticas (traballos tutelados).
2.- As faltas de acentuación ou calquera outro tipo de erro ortográfico poderá invalidar o exame (só se aceptará un máximo de dúas tildes mal colocadas ou inexistentes). Non se tolerarán faltas ortográficas graves.
3.- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.