Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  O proceso de investigación nas ciencias da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 C1 C3 Examen dos contidos tratados en clase.
Control da asistencia e participación crítica nas aulas
presenciais.
40
Solución de problemas A2 A4 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B7 B9 C3 C4 Avaliación e corrección dos exercicios e actividades
propostas na aula presencial: 20%


Elaboración, realización e corrección dos exercicios e
actividades propostos para a súa realización fora do
horario de aula.
Corrección dos traballos propostos vinculados cos
contidos da materia: 40%
60
 
Observacións avaliación

Réxime avaliación continua:

Para poder acceder á modalidade de avaliación continua é necesario
desenvolver todos as probas explicadas anteriormente

O alumnado que non desenvolva estes métodos non poderá acceder á
avaliación continúa. Nestes casos poderá optar á avaliación global.

En caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a
avaliación en segunda convocatoria realizarase exclusivamente mediante unha
proba escrita.

O alumnado que se atope en circunstancias especiais e/ou xustificadas
polas que non poida realizar algunha das ferramentas de avaliación, deberá
comunicalo ao inicio do curso para poder adaptar a avaliación ao seu caso. No
caso de concorrer a circunstancia excepcional durante o desenvolvemento do
curso, deberá comunicalo cunha antelación mínima de dous meses á data oficial
do exame.

Réxime avaliación global:

O alumnado que non teña optado á avaliación continua, realizará unha
avaliación global nas datas oficiais. As probas permitirán obter o 100% da
cualificación da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes