Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)
 Asignaturas
  Análisis do rendemento nos deportes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A4 A7 A9 A10 A16 A17 A21 B6 B7 C1 C4 O alumno deberá acumular polo menos o 70% da carga presencial para contabilizar este apartado
5
Seminario A2 A4 A5 A6 A13 B2 B5 B9 C2 C3 O alumno deberá acumular polo menos o 70% da carga presencial para contabilizar este apartado
5
Traballos tutelados A2 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A13 A16 A17 A21 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C4 Valoraranse:

- Calidade da presentación formal
- Rigor e precisión no rexistro das actividades realizadas
- Procura bibligráfica sistematizada e axustada
- Calidade do deseño de investigación: orixinalidade, viabilidade e nivel de concreción
70
Presentación oral A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A21 B2 B3 B5 B9 C1 C2 C4 Valoraranse:
- Calidade da comunicación verbal
- Calidade no emprego de Tics
20
 
Observacións avaliación

Para superar la asignatura será imprescindible lograr o apto no traballo tutelado. 

A non ser que ocorra un cambio no sistema de avaliación, a cualificación obtida nos diferentes apartados manterase en futuras oportunidades.

En cada oportunidade, a non comparencia a algún dos apartados da avaliación pendentes de superación, que sexan requisito para obter o apto na asignatura (traballo tutelado), implicará a cualificación do alumno como non presentado.

Todo o exposto anteriormente será de aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo como para aquel con dedicación a tempo parcial. No caso de alumno/a con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o horario das metodoloxías "Prácticas de Laboratorio" e "Seminario" axustarase á súa dispoñibilidade, ademais de buscar, no seu caso, adaptacións ou alternativas.

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria e respecto á materia na que se cometeu: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase á modificación da súa cualificación no acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinario do estudantado da UDC, art. 11, apartado 4 b). Entenderase por fraude académico calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apartado g).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes