Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Habilidades ximnásticas e a súa didáctica |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Habilidades ximnásticas e a súa didáctica | Código | 620G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba práctica | A11 A25 A26 A33 B2 B8 | Integra as seguintes probas: - Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Proba de axilidade ximnástica igual á presente nas probas de acceso ao grao. Considerarase superada coa obtención da puntuación mínima exposta ao principio do curso. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. |
40 |
Portafolios do alumno | A7 A8 A9 A11 A18 A25 A26 A33 B1 B3 B4 B7 B10 B17 C1 C3 | Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase. A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movemento dos autores realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento. |
5 |
Proba mixta | A1 A7 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B7 C1 | Integra as seguintes probas: - Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Proba escrita composta por preguntas de ensaio e de resposta breve sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Aporta o 20% á cualificación final. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. |
40 |
Solución de problemas | A5 A8 A9 A11 A18 A26 A33 B1 B2 B4 B11 | Traballo grupal do alumnado no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polo profesorado | 5 |
Prácticas a través de TIC | A1 A8 A9 A11 A14 A18 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B8 C1 | Promedio das cualificacións obtidas nas diferentes tarefas realizadas ao longo do curso en cada un dos bloque temáticos impartidos e presentadas a través das canles Moodle e/ou Microsoft Teams. | 10 |
Observacións avaliación | |||
1. Asistencia A PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS E UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN. 2. A porcentaxe mínimo de asistencia para a avaliación será do: 70% Os/as alumnos/as que participen, como mínimo, no 70% das sesións presenciais deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA e da PROBA PRÁCTICA para consideralas superadas. Os/as alumnos/as que NON participen, como mínimo, no 70% das sesións presenciais deben obter o 65% da máxima puntuación posible nas diferentes partes da PROBA MIXTA e da PROBA PRÁCTICA para consideralas superadas. 3. Os apartados e subapartados (metodoloxías) que son requisitos para superar a materia son: 1ª e 2ª Oportunidade: Proba Mixta. Integra as seguintes probas: - Proba escrita sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. - Proba escrita sobre os CONTIDOS DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Proba Práctica. Integra as seguintes probas: - Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES NON ACROBÁTICAS. - Proba motriz sobre TAREFAS DE APRENDIZAXE DE HABILIDADES ACROBÁTICAS. Proba de Axilidade Ximnástica no Chan. 4. Os criterios de mantemento de partes superadas para a 2ª oportunidade son: Todas aquelas probas xa superadas na 1ª oportunidade conservarán a súa cualificación para a 2ª oportunidade. 5. Os criterios de mantemento de partes superadas en futuras convocatorias de avaliación son: Mentres na guía docente non cambie o profesorado o as metodoloxías de avaliación, as probas obrigatorias superadas e as cualificacións do resto de metodoloxías de avaliación realizadas, manteranse para convocatorias de cursos posteriores ata que o/a alumno/a cumpra todos os requisitos para superar a materia na súa totalidade. 6. Alumnado con matrícula parcial. 1ª e 2ª Oportunidade: Os/as estudantes con matrícula parcial que acrediten unha asistencia superior ao 50% das sesións presenciais da materia solo deben obter o 50% da máxima puntuación posible nas diferentes partes das PROBAS MIXTA e PRÁCTICA para consideralas superadas. 7. Dispoñibilidade dos idiomas con relación as probas escritas de avaliación (non só a proba final). As probas escritas estarán dispoñibles no idioma de impartición da asignatura. Si se desexan noutro idioma deberá solicitarse unha semana antes da data de realización. 8. Contémplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación para casos especiais xustificados: Os/as alumnos/as discapacitados/as o incapacitados/as temporalmente para a práctica motriz, poderán solicitar a adaptación das tarefas motoras a realizar nas sesións e nas probas de avaliación, no grao que as competencias a obter na materia o permitan. 9. Al realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC o sistemas recoñecidos por esta. Si 10. Implicacións do plaxio na realización das probas o actividades de avaliación. A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g). |
|