Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Fútbol e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A8 A25 A26 B2 B7 C1 A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento de varias cuestións interrelacionadas que implican un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
Práctica de actividade física A5 A11 A12 A25 B4 B6 B16 A práctica da actividade física implica a participación activa do alumno nas sesións practicas. O alumno cunha participación activa inferior ao 70% non obterá puntuación neste apartado, a partir desta porcentaxe a cualificación será proporcional á participación. 20
Recensión bilbiográfica A33 A36 C1 C3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
A profundide do contido.
O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
A presentación e a claridade da exposición.
20
 
Observacións avaliación

- A proba de ensaio poderá, a criterio do profesor, estar dividida en varias probas atendendo aos contidos da materia.

- A proba de ensaio estará no idioma de impartición da materia (castelan y/o galego), se se desexa no outro idioma oficial da UDC solicitarase unha semana antes da data de realización.

- A práctica da actividade física implica a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións prácticas programadas.Os estudantes lesionados de longa duración, alternativamente o plan xeral previsto, deberán presentar unha memoria de carácter documental e explicativa que recolla a actividade práctica desenvolvida polo resto de grupo.

- Imprescindible a asistencia a un mínimo do 70% das sesións teóricas e/ou prácticas presenciais, para obter unha avaliación positiva.
- Para superar a materia, todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial), deberán alcanzar unha nota mínima de 5 puntos (50%) do sumatorio das diferentes partes que compoñen a avaliación.

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

- O alumnado que teña concedida a Dedicación Parcial deberá asistir a un mínimo do 50% das actividades docentes programadas.

- Os criterios de avaliación para a 1ª y 2ª oportunidade e sucesivas convocatorias serán os mesmos para todos os estudantes (matrícula ordinaria y matrícula parcial).

- As notas das partes superadas nuha convocatoria serán mantidas para as sucesivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes