Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Construción Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir o coñecemento da tecnoloxía dos sistemas expostos e dos diferentes materiais que poden intervir neles, facilitando a aprendizaxe empregando as tecnoloxías actuais de comunicación. Complementarase coa exposición e explicación de casos reais para unha mellor comprensión da problemática a tratar.
Obradoiro OBRADOIRO DE MATERIA. Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, probas obxectivas, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Dentro deste obradoiro, a aproximación práctica ás cuestións plantexadas nas sesións maxistrais plásmase a través da participación do alumnado en concursos internacionais de proxectos de arquitectura para estudantes, buscando aumentar a implicación do alumnado a través dun método que, a priori, parece atractivo. Este feito tamén permite que o alumno/a se familiarice cunha práctica profesional moi habitual: a participación en concursos de proxectos.

Ao comezo do cuadrimestre, o alumnado será informado do concurso ou concursos nos que poderá participar.

O alumnado poderá desenvolver estes concursos de forma individual ou en grupo (máximo 3 persoas), sempre baixo a tutela do profesorado da materia. O feito de que os proxectos poidan realizarse en grupos de ata tres persoas achega ao estudante a outra realidade da profesión na que, cada vez máis, o traballo en grupo se ve necesario ante as esixencias e demandas cada vez maiores dos proxectos arquitectónicos.

A documentación mínima esixida no regulamento do/s concurso/s poderá incrementarse segundo as directrices recollidas no documento que, ao comezo do curso, se entregará ao alumnado e no que se plasmarán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais de prácticas, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades que impliquen asistencia e/ou participación obrigatoria do alumnado en actos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar nos coñecementos sobre temas de estudo relacionados co tema.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes