Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Física |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Física | Código | 631G01103 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A57 B30 | Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado. A asistencia a prácticas e a presentación do informe terán carácter obrigatorio. |
15 |
Proba obxectiva | A54 A55 B30 B31 | Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas. Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada. |
60 |
Solución de problemas | A57 B31 B33 | Avaliarase a evolución na resolución dos problemas, cuestionarios e/ou traballos que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. | 10 |
Proba de resposta múltiple | A55 A57 B30 B32 B36 | Proporánse test sobre os conceptos teóricos da materia que o/a alumno/a deberá resolver. | 15 |
Observacións avaliación | |||
AVALIACIÓN DURANTE O CURSO: O traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a través do xeito seguinte: 1) Resolución de probas de resposta múltiple: Puntuación máxima: 1,5 puntos. 2) Resolución de problemas por parte do alumnado, Puntuación máxima: 1 punto. 3) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima 1,5 puntos. 4) Proba obxectiva final: Puntuación máxima 6 puntos. Puntuación mínima 2,5 puntos. A cualificación final do/da alumno/a que aparecerá nas actas da materia será o suma das cualificacións obtidas nos apartados anteriores. Sempre e cando se acade a cualificación mínima establecida para a proba obxectiva final de 2,5 puntos sobre 6. De non ser o caso, a cualificación final será a da proba obxectiva. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Ter asistido ás prácticas e entregado todos os informes. - Ter resolto e explicado como mínimo un exercicio nas aulas interactivas. - Obter o mínimo establecido na proba obxectiva final e chegar a unha cualificación final igual ou superior a 5. Alumnado Repetidor: Os /as alumnos /as que teñan feito as prácticas en cursos anteriores e entregado o informe correspondente estarán exentos da realización das mesmas no presente curso sempre e cando firmen a renuncia voluntaria nun prazo anterior ó comezo das mesmas. Neste caso: a cualificación do apartado 3) será a que figure no arquivo da materia para ese/a alumno/a. Esta cualificación será publicada previamente ó comezo das sesión de prácticas. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Buscaránse métodos alternativos para que o/a alumno/a faga as probas de resposta múltiple e as prácticas de laboratorio co fin de poder ser avaliado nos apartados 1), 2) e 3). AVALIACIÓN NA SEGUNDA OPORTUNIDADE: A proba obxectiva abarcará todo o temario e computará un 60% da avaliación. Se manterán as cualificacións obtidas para as probas de resposta múltiple e prácticas de laboratorio nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, é dicir; se sumarán estas cualificacións sempre que a cualificación acadada na proba obxectiva supere a nota mínima de 2,5 puntos sobre 6. Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)” Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación.
|
|