Descrición xeral |
Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.
No ano 2017, o Comité de Seguridad Marítima da IMO publica a resolución MSC.428(98) relativa á xestión dos riscos cibernéticos no sector marítimo nos sistemas de xestión da seguridade, a cal entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Así mesmo, tamén publica as "Guías sobre gestión del riesgo cibernético”, que proporcionan recomendacións que se deben adoptar a bordo dos buques. Estas novas necesidades xurdidas nestes últimos anos supuxeron un punto de inflexión no sector marítimo, no cal se lle comezou a dar unha maior importancia á seguridade dos seus sistemas IT/OT.
As competencias adquiridas nesta materia serán de gran importancia para o desenrolo da profesión dos futuros egresados en Náutica, porque posuirán coñecementos sobre o tipo de riscos cibernéticos aos que van a estar expostos, e estarán capacitados para tomar medidas preventivas, analizar rexistros de acceso para detectar incidentes e executar unha política de copias de seguridade para poder recuperar os equipos ao seu estado operativo inicial.
Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as da titulación, ten a súa continuación coa Informática Aplicada.
Ademáis garda unha estreita relación coas Matemáticas (resolución de problemas, representación e interpretación de resultados), así como con Electricidade e Electrónica (codificación da información, hardware, redes).
Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, videotitoriais, ...) atópase neste idioma. |