As materias relacionadas coa Manobra compoñen un bloque de coñecementos esenciais e exclusivos na formación dun Mariño Profesional. Pódese dicir que un Mariño formado e experimentado é a única persoa capaz de prever todos os inputs e outputs no deseño e desenvolvemento da Manobra dun buque.
Doutra banda, as consecuencias dunha mala decisión á hora de executar unha Manobra poden ser graves e mesmo catastróficas: varadas, colisións, allisions afundimentos, incendios e explosións. Un erro implicará como mínimo danos ao buque e as súas consecuencias económicas: custos, P&I, demoras, detencións, etc.
En todo o anterior radica a importancia da súa formación.
Integrada no Grao, esta materia “Manobra II” é a profundización dos coñecementos básicos adquiridos na materia de 2º curso “Manobra I”, e pretende dar ao alumno sólidas bases para as materias "Simulación Náutica" (4º curso) e “Manobra Avanzada” (Master).
No desenvolvemento da materia teranse en conta:
STCW 1978, e as Emendas de Manila de 2010
IMO Model course 1.22 Ship Simulator and Bridge Teamwork.
IMO Model course 7.01 Master and Chief Mate
IMO Model Course 7.03. Officer in Charge of a Navigational Watch
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías