Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Xestión da Seguridade, a Calidade e o Medio Ambiente Marítimo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A54 B33 B35 C15 Para avaliar a exposición/presentación teránse en conta os seguintes aspectos:

- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de
partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
10
Proba obxectiva A55 A58 A65 B32 B107 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 60
Traballos tutelados A54 A57 A59 B32 B33 B34 B35 Para avaliar os traballos teránse en conta na súa elaboración os seguintes aspectos:

- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección
gramatical.

- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes
traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre
eles.
20
Sesión maxistral A55 A58 A64 A65 B107 C16 C17 C40 C41 C43 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 10
 
Observacións avaliación

- Convenio STCW 2010: Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.

- Para superar a materia seguindo a avaliación continua
é necesario superar cada metodoloxía. Na sesión maxistral, asemade da
asistencia ás aulas (nesta metodoloxía un mínimo do 80%) valorárase a participación
do alumno.

O alumnado que non siga a avaliación continua sempre terá a opción
de presentarse a proba obxectiva. Conseguintemente, nesta circunstancia dita
metodoloxía terá un valor na avaliación do 100%.   

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica correspondente que lle proporcione a exención de
asistencia
, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3; 6.b e
7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen
necesidade de asistir o 80% das aulas presenciais, sempre e cando o mestre sexa
debidamente informado ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, o
profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos (individuais
e/ou en grupo) ao longo do curso para ser expostos no horario de titorías co
gallo de puntuar na avaliación continua a parte proporcional do valor da sesión
maxistral.

- Sobre as sancións aplicables pola comisión de
faltas moi graves
, artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da
universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023, en
xuño de 2023 modificouse o punto b), quedando:

b) Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes