Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Xestión da Náutica Deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Esta actividade consiste na visualización do documental " The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor. A través delas preténdese profundar na organización, retos e desafíos das regatas transoceánicas, o traballo en equipo e a seguridade da navegación así como nos antecendentes históricos das mesmas e o espírito emprendedor que leva aos mariños para embarcarse nelas.
Resumo Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade.
Presentación oral O alumnado analizará o xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España, así como o desenvolvemento da planificación das instalacións náutico deportivas e o contexto socioeconómico no que se produciría. Para iso facilitarase ao alumnado unha serie de textos para a súa análise. Cos resultados obtidos elaborarán unha presentación para expoñer na aula.
Esquemas Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema. O alumnado irá confeccionado a medida que se expoñen as diferentes leis e normas nas sesións maxistrais.
Presentación oral Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas. Para iso o alumnado examinará a normativa que as regula e cos resultados obtidos confeccionará unha presentación para a súa exposición na aula.
Prácticas de laboratorio Trátase de prácticas que se farán a bordo do motovelero Breogán IV consistentes na inspección e comprobación dos elementos de seguridade, loita contra incendios e prevención da contaminación así como das axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións; disposición da jarcia firme, da jarcia de labor e os elementos de amarre e fondeo e as comprobacións rutineiras que deben facerse antes de que a embarcación se fága á mar.
Portafolios do alumno A través desta actividade o alumnado reflectirán os resultados das prácticas realizadas a bordo do Breogán Cuatro.
Traballos tutelados Consistirá no deseño dun plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva e a preparación dunha presentación oral para a exposición do mesmo. Como parte deste o alumnado terá que avaliar as tendencias, retos e oportunidades actuais do sector da náutica deportiva e de recreo.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expoñeranse de forma activa e buscando a particapación do alumnado os contidos da evolución da náutica deportiva e de recreo así como da normativa nacional e autonómica que regula a actividade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes