Proba práctica |
A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 |
Avaliación do traballo realizado polo alumno na proba práctica atendendendo ao seu correcto funcionamento e á memoria entregada do devandito traballo. |
40 |
A materia apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación. Na segunda oportunidade poderanse avaliar de novo as prácticas de laboratorio. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das prácticas. Fraude académica na realización de probas ou actividades de avaliación : a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|