Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Máquinas Navais |
Asignaturas |
Electrónica de Potencia |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Electrónica de Potencia | Código | 631G03035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 | A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia | 10 |
Traballos tutelados | B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 | Os traballos tutelados consisten en: - a resolución de forma teórica e práctica mediante simulación de problemas propostos. (20 Puntos) - o desenvolvemento dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC e que terá que ser defendido/exposto oralmente utilizando medios audiovisuais. (10 Puntos) |
30 |
Proba mixta | A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 | A proba mixta é unha proba escrita que ten o obxectivo comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas para esta materia. A parte dos dous exames finais da 1ª Oportunidade e da 2ª Oportunidade, realizarase un primeiro exame parcial. Para aqueles alumnos que obtivesen no primeiro parcial unha puntuación maior ou igual a 10 puntos e queiran aprobar a materia por parciais realizarase un segundo exame parcial coincidirendo co exámen final da 1ª Oportunidade. Cada parcial ten unha puntuación máxima de 25 puntos sobre 100. Realizaranse dúas probas de resposta múltiple coincidindo cos exames parciaís, cunha puntuación máxima para cada unha delas de 5 puntos sobre 100. Os exames finais da 1ª Oportunidade e da 2ª Oportunidade teñen unha puntuación máxima de 50 puntos sobre 100. |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A
No As notas das actividades de avaliación continua (Prácticas de Laboratorio, Traballos tutelados e Probas de resposta múltiple) só serán válidas ata a convocatoria adiantada do curso académico seguinte. Ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)" non esíxeselle unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades con excepción das Prácticas de laboratorio, sendo o sistema de avaliación o anteriormente indicado. No caso de non participar nas actividades avaliables realizadas durante o curso, a nota final será a nota ponderada da proba mixta. Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos que os da 1º oportunidade. Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada (Decembro) son os mesmos que os da 1º oportunidade. A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias |
|