Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Automatismos e Sistemas de Control
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C8 Os traballos tutelados poderán ser parte do desenvolvemento do estudo de casos, ou ben abarcar outras temáticas diferentes. A forma de avaliación será igualmente mediante un informe presentado ou unha exposición realizada. 10
Estudo de casos A18 A19 A84 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C3 O alumnado, orientado polo docente, aplicará os conceptos xeráis desenvoltos na materia ao caso que lle sea asignado ou ben elexido por eles mesmos. A avaliación poderase facer mediante valoración dun informe presentado ou unha exposición realizada. 10
Prácticas de laboratorio A11 A23 A25 A26 A84 A85 A100 B9 B16 C3 As prácticas de laboratorio valoraranse pola asistencias, participación e bo facer do alumnado nas mesmas. Poidendo ser requerido unha memoria escrita sobre o seu desenvolvemento e resultados. 20
Proba mixta A84 A85 A100 B4 B5 B9 B16 C3 A proba mixta pode abordar todos os coñecementos adquiridos durante o curso.
Como proba final en cada unha das oportunidades, a súa data e lugar está prefixada pola Xunta de Facultade antes da realización da matrícula do alumnado.
Ademais poderán realizarse probas parciais a criterio do docente, que resulten liberadoras de partes da materia.
O alumnado terá coñecemento do contido que abrangue a proba, e as súas condicións de realización anteriormente a súa celebración.
60
 
Observacións avaliación

É posible acadar outros acordos de avaliación entre alumnado e profesorado, pero nese caso as condicións constarán nun contrato de avaliación coa sinatura das partes. E citarase explicitamente a frase "De acordo co recollido na Guía docente nas observacións de avaliación… "

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e a súas emendas relacionadas con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. Se é procedente.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,

segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): Os criterios de avaliación para este alumnado, son os mesmos que

para o alumnado a tempo completo. No caso de non poder acudir ao laboratorio, e sempre que se conte cos medios que o fagan posible, as prácticas de carácter obligatorio poderán realizalas sen desplazarse ao centro mediante software que conte con licencia da UDC ou sexa de libre distribución.

A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias
establecidas no artigo 11 do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes