Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
 Asignaturas
  Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso
   Contidos
Temas Subtemas
T1.- MARCO XERAL E PROBLEMÁTICA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE AUGA NO MEDIO RURAL E TERRITORIOS CON POBOACIÓN E ACTIVIDADES ECONÓMICAS DISPERSAS - Problemática: económica, cultural e social, demográfica e de carácter técnico. Situación xeral do medio rural en España e en Galicia. Tipoloxía de municipios e realidades socioeconómicas.
- Organización para a prestación dos servizos do sistema de auga urbana: Modelos de xestión. A suficiencia técnica, organizativa e financeira. Áreas de servizo óptimas – medidas organizativas.
- O reto dos servizos da auga en territorios con poboación e actividades económicas dispersas: retos ambientais, retos demográficos, retos regulatorios, retos de sustentabilidade económica
T2.- O SERVIZO DE ABASTECEMENTO E O AUTOABASTECIMIENTO - Abastecemento mediante redes e o autoabastecimiento.
- Fuentes e captacións. Augas subterráneas e augas superficiais. Problemática de control e protección.
- Elaboración de perfís de risco.
- Configuración de liñas de tratamento de auga potable.
- Outras fontes complementarias de auga.
T3.- O SERVIZO DE SANEAMENTO, SOLUCIÓNS AUTÓNOMAS E O DRENAXE - Introdución: O reto do saneamento en territorios con poboación e actividades económicas dispersas: retos ambientais, retos demográficos, retos regulatorios, retos de sustentabilidade económica.
- A Directiva 91/271 e as solucións de saneamento para territorios con poboación dispersa. Esquemas de saneamento centralizado e descentralizado.
- Os procesos de depuración extensivos e os intensivos. - Configuración de estacións depuradoras de augas residuais urbanas. A análise de risco de impacto e da capacidade de acollida.
- O saneamento autónomo. Configuración de solucións. Riscos.
- Condicionantes do ámbito de estudo e selección de emprazamento dunha EDAR: condicionantes técnicos, condicionantes legais intrínsecos, condicionantes legais extrínsecos.
- Metodoloxía de planificación de solucións de saneamento dentro de esquemas de saneamento no medio rural disperso..
T4.- AVALIACIÓN DA EFICIENCIA DOS SERVIZOS DE AUGA NO MEDIO RURAL E DISPERSO. - Indicadores e índices para inventario, diagnóstico e avaliación das infraestruturas e dos servizos.
T5.- ESTRATEXIAS DE FUTURO - Xestión sostible das augas de escorrentía.
- As TIC e a optimización do uso e a xestión da auga no rural.
- Plans integrais para pequenos e medianos municipios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes