Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
 Asignaturas
  Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral - O profesor presentará en clase os diferentes temas planificados apoiándose en presentacións gráficas. En ocasións convidarase a algún experto/experta.
- Esta información, xunto con outra que se considere complementaria (documentos de apoio ás presentacións, textos legais, artigos, lecturas complementarias etc.)/ etc.), será posta ao dispor dos alumnos.
- Esta teoría será a base para o desenvolvemento do traballo de curso.
- A asistencia e participación do alumno formará parte da avaliación
Traballos tutelados
O alumno, xunto con algún compañeiro (se valorán función do numero de alumnos matriculados), analizará, valorará, e desenvolverá unha crítica, de como é o sistema auga e a prestación dos servizos nun municipio claramente de carácter rural.
O profesor irá realizando titorías de revisión de avance de traballo en horarios de clase.
O traballo presentarase en clase #ante os compañeiros e profesores.
A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo.
b) Recompilación de información.
c) Integración e síntese da información.
d) Dominio e coñecemento da problemática do municipio.
e) Presentación final do traballo.
Presentación oral - O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación do traballo.
- Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase.
- Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor as problemáticas.
- Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica.
Proba de resposta breve Os profesores prepararán e entregarán aos alumnos unha lista de cuestións analíticas e conceptuais. Estas cuestións deberán ser resoltas polos alumnos, e sobre esta base de cuestións realizarase polo menos unha proba de control de coñecementos que formará parte da avaliación global de cada alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes