Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
 Asignaturas
  Monitorización de Cuncas Hidrolóxicas para o seguimento do Estado das Masas de Auga
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo
Realizarase, polo menos, unha saída a campo que ocupará 2 sesións de 50 minutos. Nela poñeranse en práctica os métodos explicados nas clases maxistrais
Sesión maxistral Docencia presencial impartida polo profesor, 10 clases de 50 minutos de duración cada unha. Nelas explicaranse os contidos teóricos fundamentais da materia
Prácticas de laboratorio Proponse ao alumnado a resolución de prácticas, nas que se aplican os conceptos teóricos vistos tanto nas clases maxistrais. Realizaranse análise de augas recollidas na saída a campo.
O alumnado terá que entregar un informe no que indique todo o traballo levado a cabo no laboratorio así como os resultados obtidos nas diferentes análises.
O alumnado contará co apoio do /a docente, tanto no enfoque inicial de cada unha das prácticas, como na resolución das dúbidas que puidese ter
Solución de problemas dedicaranse 2 sesións, de 50 minutos cada unha, á resolución de exercicios aplicando o temario explicado nas clases presenciais. O/a docente propoñerá exercicios ao alumnado que terán que resolver pola súa conta e presentalos en clase
Traballos tutelados Realizarase un traballo relacionado coa docencia impartida. Os pasos para seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesorado para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula
Presentación oral O alumnado terá que elaborar un traballo seguindo as directrices que lle indique o/a docente e que presentará/defenderá nunha sesión durante unha duración non superior a 30 minutos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes