Proba de resposta breve |
A1 B5 B8 C10 C12 |
Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. |
20 |
Proba obxectiva |
A1 B3 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C16 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidadede determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. |
50 |
- Exames teórico-prácticos:
realizarase unha proba parcial ao final do primeiro cuadrimestre e outra ao
final do segundo. Ademais, haberá un exame final en cada oportunidade.
- Tanto na primeira como na segunda
oportunidade, para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 3,5 en
cada unha das partes correspondentes aos dous cuadrimestres en que se divide a
materia. - No exame da primeira
oportunidade, os/as estudantes que non superen a materia por parciais, pero
obteñan unha nota superior a 3,5 nalgún deses exames, poderán optar por non
examinarse desa parte (compensando a nota coa da outra parte) ou ben examinarse
de todo o contido da materia. Nese caso, tomarase a nota máis alta das obtidas
no parcial e no exame final. - No exame da segunda oportunidade,
os/as estudantes que obtivesen unha nota maior ou igual a 5 nalgunha das partes
correspondentes aos dous parciais da primeira oportunidade poderán presentarse
só á outra parte da materia.
- Probas: ao final de cada tema
realizarase unha proba/test voluntario de carácter teórico. - Problemas: en cada tema
propoñeranse unha ou varias prácticas con problemas a resolver na aula.
Nalgunhas destas prácticas utilizarase Octave ou MATLAB para a resolución das
mesmas.
En cada oportunidade, a nota final obtida será o máximo de: a)
(nota do exame (ou exames)). b)
(nota do exame (ou exames)) x0'7+
(nota de curso) x 0'3. A nota de curso
calcúlase a partir da nota das probas (40%) e a nota de problemas (60%). Para
que esta nota sexa tida en conta é necesario asistir polo menos ao 80% de todas
as clases de problemas (con e sen entrega). A peor nota tanto de probas como de
prácticas non se terá en conta para a nota final (en caso de faltar a algunha
proba ou non entregar unha práctica, descartarase o cero que iso supoñería).
Para aprobar a materia, a nota final deberá ser maior ou igual a 5, e as
notas de cada unha das partes do exame (parciais) maior ou igual a 3.5. Por
iso, se a nota final é superior a 5 pero a cualificación dunha das partes do
exame (parciais) é inferior a 3.5, a nota final será 4.5. A realización fraudulenta de probas ou prácticas, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de "0" na nota de curso. No
caso dos exames, implicará directamente a cualificación de suspenso
"0" na materia na oportunidade correspondente.
|