A calificación final será fruto da suma de todas as partes avaliadas coa sua correspondente ponderación (proba práctica 35%, proba mixta 35%, traballos tutelados 15%, lecturas 5% e sesión maxistral 10%).
A proba mixta será evaluada otorgando un valor do 50% a proba tipo test e do 50% as preguntas de ensaio ou desenrolo.
Con carácter xeral, para aprobar a materia (facendo media coas outras partes da avaliación continuada) o/a estudante deberá superar a proba mixta e a proba práctica (acadando unha calificación igual ou superior a 5). Aqueles/as estudantes que sumando a nota obtida no exame teórico coa alcanzada nas sesión maxistráis obteñan unha calificación igual ou superior a cinco poderán aprobar a materia, sempre e cando no conxunto da avaliación acaden unha calificación igual ou superior a cinco.
Os/as estudantes que na primeira
oportunidade obtiverán unha cualificación global de suspenso, pero con alguna
parte superada (na proba mixta ou na proba práctica), conserváraselle a
cualificación alcanzada ata a segunda oportunidade.
O estudantado a tempo parcial está suxeito aos mesmos requerimentos de avaliación que o alumnado a tempo completo.
"A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario" (regulamento disciplinar do estudantado da UDC).